publicidade hoxe

Convenio de colaboración para o acondicionamento dun viario no núcleo de Romariz en Riós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRiós
A-
A+
Sinatura do convenio de colaboración para o acondicionamento dun viario no núcleo de Romariz

Sinatura do convenio de colaboración para o acondicionamento dun viario no núcleo de Romariz


Asinouse un convenio de colaboración entre o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernándezco e o alcalde de Riós, Francisco Veiga Romero, para o acondicionamento dun viario no núcleo de Romariz, no municipio ourensán de Riós.

Este proxecto, enmarcado no Plan Hurbe, consta dun investimento de 41.300 euros, dos que a Xunta de Galicia achega o 100% do importe.

As actuacións centraranse na reparación e mellora dos accesos ao núcleo de Romariz dado o seu actual estado, que presenta numerosos danos no firme e asfaltado pola intensidade de circulación de vehículos existente.

No treito I (170 m.) realizarase un levantado do viario actual con retirada de escombros e vertedoiro e nova reconstrución con firme novo. No treito II (930 m.) executarase a reparación de fochas e tratamento asfáltico superficial.

Plan Hurbe

O Goberno galego ten dentro dos seus obxectivos principais conseguir a mellora da calidade de vida dos cidadáns, neste caso dos habitantes do rural galego, polo que a Consellería de Medio Ambiente está a desenvolver, dentro do Plan Hurbe, unha serie de actuacións como a mellora das contornas urbanas, a posta en valor de determinados inmobles, a creación de novos espazos públicos ou a reposición de servizos, entre outras.

O Plan Hurbe 2010-2014 naceu como resposta á necesidade da humanización das vilas de Galicia. Tendo en conta o modelo social de integración cidadá, busca o achegamento dos entramados urbanos aos seus habitantes mediante a adecuación e creación de espazos públicos. Distínguese como fundamental a colaboración cos concellos como órganos responsables desas áreas, sendo o Plan Hurbe a ferramenta de colaboración técnico-financeira da Xunta de Galicia neste eido. A finalidade perseguida é a de humanizar as vilas, as grandes e as pequenas que máis o precisen, atendendo á realidade sociodemográfica de cada unha delas.

21 de outubro de 2013 | 00:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.