Contratadas as actuacións de mellora enerxética na iluminación do Parque do Sagrado Corazón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

O Concello executará unha actuación de mellora enerxética na iluminación pública do Parque do Sagrado Corazón. A través desta, renovará os
puntos de luz por outros equipos de maior rendemento lumínico que permitirán rebaixar o consumo eléctrico e a factura que aboa a casa do concello. En total, substituiranse dezaseis lámpadas cun presuposto duns catro mil euros. A intervención foi adxudicada a semana pasada e prevese que se realice e conclúa ao longo do mes de outubro.

As devanditas obras terán custo cero para as arcas municipais, xa que o Concello as incluíu nos proxectos presentados á Xunta de Galicia ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental.

Unha liña de subvencións que tamén permitirán ao goberno municipal continuar co seu programa de impulso das enerxías renovables en edificios públicos no pavillón polideportivo ou a biblioteca municipal. No primeiro caso, substituíndo a caldeira de gasóleo por outra de biomasa e renovando os puntos de luz e, no segundo, con melloras en materia de climatización.

Proxectos todos eles que se completarán coa adquisición dun vehículo eléctrico para o parque móbil municipal por importe duns 8.000 euros.

2 de outubro de 2013 | 13:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.