Continúan as pequenas obras de mellora na Casazul
A Concellaría de Benestar Social Municipal iniciou nestes días novos traballos de reforma na Casazul. Este espazo someteuse no pasado ano a unha importante renovación para devolver á cidadanía as súas dependencias. Foron pequenos traballos realizados na maior parte por usuarios que con orzamentos cativos adecentaron e abriron as instalacións da Casazul aos pontevedreses.
Agora continúase con esta mellora ao reformar integralmente os baños da planta baixa do edificio. Serán dous baños de gran tamaño e habilitados para persoas con discapacidade. Tamén disporán de sendas duchas.
Ao mesmo tempo tamén se instalou alarma en todo o edificio e nestes días comezará a colocación do aire acondicionado na sala Almofrei. Tamén se pintará por fora e por dentro.











