Conferencia informativa sobre o Alzheimer da man da doutora Moreno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño informa que o próximo 30 de outubro ás 19.00h, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra, a doutora Moreno, neuróloga do CHUVI, impartirá unha conferencia informativa sobre a enfermidade de alzheimer, destinada á poboación en xeral.

A Deputación en colaboración coa Fundación Colexio Médico de Pontevedra, pon en marcha este programa de charlas informativas sobre unha doenza que día a día afecta a máis poboación. Unha enfermidade dexenerativa caracterizada por unha perda das facultades cognitivas superiores, manifestándose inicialmente como unha alteración da memoria episódica.

A doutora Moreno falará  da enfermidade, que é e  da súa evolución, baixo o epígrafe  “Que é, onde estamos e cara a onde vamos”.

25 de outubro de 2013 | 12:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.