Conferencia informativa sobre a enfermidade do alzheimer en Salvaterra de Miño
Salvaterra de Miño acolle o próximo 30 de outubro ás 19.00h, no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra, unha conferencia informativa sobre a enfermidade de alzheimer, destinada á poboación en xeral que será impartida pola doutora Moreno, neuróloga do CHUVI.
A Deputación en colaboración coa Fundación Colexio Médico de Pontevedra, pon en marcha este programa de charlas informativas sobre unha doenza que día a día afecta a máis poboación. Unha enfermidade dexenerativa caracterizada por unha perda das facultades cognitivas superiores, manifestándose inicialmente como unha alteración da memoria episódica.
A doutora Moreno falará da enfermidade, que é e da súa evolución, baixo o epígrafe “Que é, onde estamos e cara a onde vamos”.











