Concurso de pratos con mexilón na festa do Marisco do Grove

Concurso de pratos condimentados elaborados con mexilón que organiza Amegrove
A festa do Marisco do Grove celebra as súas vodas de ouro e nesta edición estrea declaración como Festa de Interese Turístico Nacional. A Festa do Marisco non só inclúe a degustación dos froitos do mar que se venden nos seus stands a prezos populares, senón tamén concursos gastronómicos con mariscos como protagonistas, actividades complementarias, actuacións musicais, torneos e eventos deportivos, así como eventos didácticos, seminarios e conferencias.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez asistiu ao concurso de pratos condimentados elaborados con mexilón que organiza Amegrove e que se celebrou na carpa institucional do recinto feiral.
Concurso e premios
Os participantes no concurso deberán presentar pratos na carpa institucional da Festa do Marisco e teñen que ter como base principal o mexillón. Os concursantes aportarán co prato un sobre branco co nome no interior e mais coa receita explicativa da condimentación detallando cantidades e racións.
O nome dos gañadores publicarase no Facebook de Amegrove e mais na súa páxina web e a entrega de premios celebrarase o domingo 13 de outubro.
O Concurso de Pratos condimentados de Mexillón Amegrove está dotado con 3.000 euros en premios. Tres serán outorgados na categoría de gusto, con mil euros para o primeiro, 500 para o segundo e 250 para o terceiro. Outros tres, na categoría de presentación, con 700 para o primeiro, 400 para o segundo e 200 para o terceiro. Cada participante só poderá presentar un prato.











