Concello e hostaleiros de Vilagarcía constitúen a comisión de seguimento das terrazas
A Comisión de seguimento da Ordenanza de Terrazas constituirase o xoves, 10 de outubro, co obxecto de velar polo cumprimento da normativa municipal e aclarar as posibles dúbidas que poidan xurdir na aplicación da mesma. Representantes do Concello e da Asociación de Hostaleiros de Vilagarcía (Ahituvi) integran a comisión que se reunirá no Concello ás 11 da mañá.
A creación da Comisión de seguimento está prevista na propia Ordenanza reguladora da ocupación de terreos de uso público con mesas e cadeiras, en vigor dende abril de 2013. Os seus integrantes por parte do Concello serán membros os concelleiros e técnicos das concellaría de Turismo e de Urbanismo máis técnicos da Oficina Técnica e da Policía Local. Pola súa banda , Ahituvi contará con tres representantes.
Ademais de facer seguimento do desenvolvemento da ordenanza, na Comisión tamén se abordarán outros aspectos como dar coñecemento das queixas e asuntos que poidan presentar os veciños e os propios hostaleiros a afectos de tratar de equilibrar e facer compatibles os intereses de un en outro colectivo e na busca dunha convivencia en harmonía.











