Con motivo do “Día mundial das aves 2013” Ourense acollerá unha actividade de observación de aves desde O Tinteiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

08102013-1Con motivo da conmemoración do “Día Mundial das Aves 2013”, o Concello de Ourense organiza, a través das Concellerías de Medio Ambiente e Educación, e en colaboración con Bilúrico Medio Ambiente, unha actividade de observación de aves aberta ao público. Terá lugar no Tinteiro, a partir das 10 h., e será gratuíta, sen necesidade de inscrición previa. 

Na mesma, os técnicos ensinarán aos asistentes a empregar prismáticos e telescopios, e a identificar as aves máis típicas do río e o seu contorno

8 de outubro de 2013 | 13:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.