Compostela e Ourense disputan no campo vilagarcián da Lomba a final autonómica da Copa Federación Española de Fútbol
O campo municipal da Lomba acolle esta tarde a final autonómica da Copa Real Federación Española de Fútbol que disputarán o C.D. Ourense e a S.D. Compostela. O partido comeza ás 20:00 horas e o prezo da entrada é de 5 euros.
O encontro está organizado pola Federación Galega de Fútbol, que decidiu celebrar este importante encontro no campo de Vilagarcía por tratarse de terreo neutral e dunhas instalacións que reúnen os requisitos para unha competición deste tipo e por atoparse a medio camiño entre Santiago e Ourense, facilitando así a asistencia das afeccións de ámbolos dous equipos en igualdade de condicións. Na Copa Federación participan os equipos de 2ª División B, Terceira e categorías inferiores de fútbol masculino que pola súa posición non conseguiron acceder á Disputa da Copa do Rey ou que quedaran eliminado na primeira ronda.
A aposta de distinta federacións deportivas polas instalacións municipais de Vilagarcía é xa unha constante. De feito, aparte deste encontro de fútbol, tamén se teñen celebrado na cidade varias edicións de campionatos Galegos de Atletismo e de campionatos autonómicos de atletismo para persoas con discapacidade.











