Comezan as actividades de animación á lectura para máis de 800 escolares
Esta semana dá comezo as actividades de animación á lectura que leva a cabo a Concellaría de Cultura, co programa “Moucho Leroucho” nas aulas de Educación Infantil e 1º de Primaria dos Centros de Ensino Público do Concello de Cambre. O Moucho contará contos aos escolares ata o día 5 de novembro. Calcúlase que máis de 800 alumnos participarán nestas xornadas de animación á lectura.
Por outro lado, están xa en funcionamento os dous Clubs de Lectura de Adultos, un na Biblioteca Os Templarios, e outro na Biblioteca Central, cuxos faladoiros permanecerán ata o mes de xuño de 2014. Terán lugar cada 15 días na biblioteca Os Templarios e, do mesmo modo na Central. Fórmanse grupos de 15 persoas e hai lista de espera na central. Xúntase un grupo de persoas limitado cun coordinadora que dirixe a lectura e todos os integrantes len a mesma obra co obxecto de disertar sobre ela nunha charla enriquecedora onde se dan diferentes puntos de vista sobre o mesmo texto.
Ademais, o xoves, día 24 de outubro, celebramos o DÍA DA BIBLIOTECA. Nas Bibliotecas Municipais de Cambre, celebrarémolo obsequiando cun libro a todas as persoas que ese día as visiten.
A Concellaría de Cultura a través das tres Bibliotecas Municipais poñerá en marcha en novembro as actividades de animación á lectura nas Bibliotecas Municipais chamadas “Conta, Conta”, que se estruturan en tres programas fundamentais: o Moucho Leroucho, Contacontos en Inglés e Paula Carballeira. O obxectivo non é outro que o fomento do libro e da lectura e trátase, segundo o edil de Cultura, Santiago Ríos, dun dos programas referentes do departamento de Cultura. O Moucho dará comezo os días 13, 14 e 15 de novembro nas tres bibliotecas e terá lugar unha vez ao mes nas tres bibliotecas do concello. Pola súa parte, os días 6, 7 e 8 de novembro darán comezo as sesións de Paula Carballeira nas tres Bibliotecas Municipais. Ademais, o 21 de novembro dará comezo o Contacontos en Inguas e terá lugar unha vez ao mes só en biblioteca dous Templarios.











