publicidade hoxe

Comezan as actividades da asociacion cultural Saiñas para o curso 2013-14

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Este venres día 4 de outubro terá lugar a presentación do novo curso da Asociación cultural Saiñas de Xove, este acto celebrarase no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove as 19:00h.

As actividades ofertadas son as seguintes:

– Baile, poderán inscribirse os nenos que cumplan os 6 anos durante o 2013.

– Pandeireta, nenos e nenas que cumpran os 5 durante este ano 2013.

– Gaita e percursión, a partires dos 9 anos

Os ensaios de baile e pandeireta serán os venres a partires das 18:30 dependendo das idades, e os de gaita e percusión os xoves a partires das 20:00h. Calquera persoa interesada en inscribirse deberá acudir ou ben o día da presentación ou ben calquer día de ensaio (xoves ou venres dependendo da actividade)

Neste acto tamén se fará a presentación do DVD “A TABERNA”, espectáculo de música e baile tradicional galego que se mostrou ao público o pasado 31 de Agosto en Xove, e no cal participaron tódolos socios de Saiñas.

2 de outubro de 2013 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.