Comezan a súa actividade as Escolas Deportivas de Dodro
A Concellería de Deportes de Dodro que dirixe Jose Nuñez Rubines comezou as Escolas Deportivas Municipais 2013/2014. Fixérono o pasado 1 de outubro coas novidades das clases de G.A.P. ( glúteos , abdominais e pernas ), abdominais e zumba.
A programación divídese en tres bloques, actividades para nen@s, actividades para adultos e actividades para a 3ª idade.
As opcións que teñen os nenos son a psicomotricidade, o multideporte, voleibol, patinaxe, baile deportivo, fúbol e fútbol sala. Poden participar nelas nen@s nados entre o ano 2008 e o 1999 dependendo da actividade.
No caso dos maiores de 15 anos poden inscribirse a ximnasia de mantemento, aeróbic, pilates, bailes de salón, zumba, e as ligas de tenis e de tenis de mesa. Ademáis os inscritos en calquer actividade poden asistir libremente a G.A.P. ( glúteos, abdominais e pernas ) e a abdominais.
Os maiores de 65 anos e persoas con movilidade reducida poden asistir á Actividade Física Adaptada que se imparte en horario de mañá no ximnasio municipal.
O custo das actividades é de 10 € trimestrais para os menores de 16 anos e de 15 € para os maiores de 16 anos.
Tamén existe a posiubilidade de inscribirse no ximnasio municipal situado no Pavillón Polideportivo. O seu horario é de lúns a venres de 09:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 23:00 horas. O custo é de 15 € mensuais ou 35 € trimestrais, tende dereito deste xeito a acceder ó ximnasio e tamén poder asistir ás clases de ximansia de mantemento, aeróbic, G.A.P. e abdominais. Esta opción está sendo unha das máis demandadas polos vecinos.
Os interesados poden inscribirse no Departamento de Deportes situado no Pavillón Polideportivo, chamar ó 981.802.532 ou escribir ó mail deportes@concellodedodro.org
As Escolas Deportivas Municipais van dende outubro de 2013 ata xuño de 2014 e divídense en tres trimestres. Para este primeiro trimestre entre as actividades e o ximansio o número de inscritos é de 250 persoas.