Comeza un novo curso da escola de familias no concello do Carballiño

Participantes na escola de familias
O edil de Sanidade, Martín Nogueira, xunto coa edil de Benestar Social e Igualdade, Purificación Alberte, presentaron un novo curso da escola de Familia na que, como apuntaban os edís carballiñeses “pretendemos darvos as ferramentas para facer iso tan difícil, e para o que nunca estamos de todo preparados, como é educar ao noso fillos”. Destacaron tanto Martín Nogueira coma Alberte a implicación dos avós nesta escola “xa que eles contan moito na educación dos nenos”. Por último tamén anunciaron que, como en anos anteriores, pretenden complementar esta escola con talleres e charlas, destacando as xestións que están a realizar para traer ao Carballiño ao Xuíz Calatayud, xuíz de menores de Granada.
A actual escola de familia conta con 20 alumnos, e ofrece dúas quendas, axeitadas aos horarios dos alumnos. Así mesmo recordan que a matrícula permanece aberta para todas aquelas persoas que queiran participar nela. A escola está impartida pola psicopedagoga do concello do Carballiño, nas dependencias de Bo Día Familia, na rúa Calvo Sotelo.











