Comeza o programa infantil “Lesme un conto?” e o Club de Lectura para adultos
O Concello de Neda anunciou o inicio de dous pro-gramas culturais que, durante o pasado curso, obtiveron unha moi boa aceptación entre a veciñanza. Son o programa infantil de fomento da lectura “Lesme un conto?” e o Club de Lectura para adultos. Ambos celebraránse nas instalacións da Biblioteca Municipal e, nun e noutro caso, a participación é gratuíta.
“Lesme un conto?” é un proxecto de animación á lectura e achegamento ao centro municipal dirixido ás familias. Dará comezo mañá mércores, 16 de outubro, ás seis da tarde. Persoal propio do departamento municipal de Cultura, así como nais, pais e avós contarán-lerán diferentes narracións infantís para os seus fillos e fillas. Trátase de que os nenos e as nenas vexan e escoiten que os contos están nos libros e lles apeteza así leelos ou que llos lean. Tras estas “lecturas compartidas”, os máis pequenos da casa pasarán un rato lendo cos seus familiares e se-leccionarán aqueles libros que desexen levar á casa. Unha actividade sen inscrip-ción previa que se repetirá en mércores alternos.
Unha hora máis tarde, ás 19, tamén na Biblioteca, dará comezo o “Club de Lectura” para maiores de 14 anos. Nesta ocasión, reuniráse unha vez ao mes, o terceiro mércores, e aínda que a participación é gratuíta é preciso inscribirse na Casa da Cultura. Cada participante recibirá un exemplar do libro que se lerá ese mes, concedéndose un prazo de 30 días. Na seguinte reunión debatirase sobre este texto. E, ao final da xornada, entregarase o seguinte, para o debate do mes vindeiro. Buscaráse a elección de libros ao alcance de todas as persoas, pero dentro dunha calidade literaria que xustifique a discusión sobre a obra. ¿Obxetivos da experiencia? Achegar máis xente á lectura, ofrecer unha actividade de ocio con calidade para os que xa son lectores, propiciar o contacto social e cultural da po-boación e formar e informar sobre literatura.











