Comeza o programa “Construíndo saúde” de prevención escolar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Ao igual que en anos anteriores A ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO, dentro do PROGRAMA DE PREVENCION ESCOLAR inicia o día 8 de Outubro por 10º ano consecutivo nos C.E.I.P.S de Carballo: A CRISTINA, SAN LUIS ROMEIRO, FOGAR, BERGANTIÑOS, GANDARA-SOFAN, CANA-RUS, NETOMA-RAZO Y ARTAI o programa HABILIDADES SOCIAIS (Construíndo Saúde), elaborado polo Departamento de Psicoloxía Clínica da Facultade de Psicoloxía de Santiago e destinado aproximadamente a 500 a alumnos entre 10 e 11 anos comprendidos nos cursos 5º e 6º de EDUCACION PRIMARIA, sendo as clases dunha periodicidade semanal e unha duración de 3 meses.

As sesións serán impartidas polas psicólogas CARMEN BARREIRO COUTO, AFRICA ALBERTI DE MAIS e CARMEN LAMAS XESTO. O programa dirixido a alumnos dos citados centros formúlase como obxectivo principal o desenvolvemento de Habilidades Sociais de Vida onde se traballa a través de talleres a: a auto imaxe, resistencia á presión de grupo, como afrontar a ira e a ansiedade, como enfrontarse aos problemas de forma non agresiva, manexar situacións sociais, tomar decisións positivas, dicir non ao tabaco e ao alcohol, destacando así mesmo as seguintes materias:

AUTOESTIMA-CONTROL EMOCIONAL-COMUNICACIÓN-ASERTIVIDAD – PRESION DE GRUPO – TABACO- ALCOHOL – TOMA DE DECISIÓNS

Nestas sesións establécense unha serie de actividades relacionadas con cada un dos temas e van acompañadas co conseguinte material de apoio.

A ASOCIACION ANTIDROGA VIEIRO, agradece sinceramente a colaboración prestada tanto polos directores como o profesorado dos citados centros para poder levar a cabo un programa tan importante como o salientado e destinado a un colectivo de alto risco. Esperamos que o devandito programa nos poida mostrar os seus logros da aprendizaxe que están a levar os alumnos.

7 de outubro de 2013 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.