Comeza o curso de deseño de páxinas web no Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalRianxo
A-
A+

O luns 14 de outubro, ás 12:00 horas, abriráse o prazo de inscrición para o curso “Deseño de Páxinas Web”, que se desenvolverá dende o 7 ao 26 de novembro, de 10:30 a 13:30, na Aula de Informática – Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo. O curso ten unha duración de 42 horas e unha cota de matrícula de 20 euros.

Para a admisión no curso, seguiránse as seguintes preferencias:

1º Por orde de inscrición sempre que teñan entre 16 e 30 anos (ambos inclusive) e estean empadroados no Concello de Rianxo.
2º Por orde de inscrición entre os que estean empadroados en Rianxo.
3º Por orde de inscrición entre os que teñan entre 16 e 30 anos (ambos inclusive)
4º Por orde de inscrición.

Máis información e inscricións:
http://www.concelloderianxo.es/formaterianxo

14 de outubro de 2013 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.