Comeza a sexta edición do Festival Internacional de Teatro de Ourense FITO

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

Mañá comeza o Festival Internacional de Teatro de Ourense – FITO -, que neste 2013 acada a sexta edición. As primeiras citas serán o sábado e domingo a partir das 19.00 h no Centro Municipal do Banco de España, con Automatárium, un espectáculo que se inspira nos autómatas comecartos de principios do século XX, como os expostos no Museo do Tibidabo de Barcelona.

Posteriormente as 20.30 h Auditorio Municipal albergará a obra Las cosas también tienen mamá, da compañía La Mona Ilustre (Chile), que relata a vida de tres mulleres soas, de distintas xeracións. Un pobo que fala e fala, unha historia chea de nostalgia, ternura e bonecos. Elas relaciónanse con bonecos de distintos tamaños para contar a súa verdade. Emoción, reconciliación, regreso ás raíces, son algúns dos temas que toca nesta obra.

4 de outubro de 2013 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.