publicidade hoxe

Comeza a execución da primeira fase da ampliación da rede de abastecemento en Cervás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAres
A-
A+

O Concello de Ares vén de comezar nesta semana os traballos correspondentes á primeira fase da ampliación da rede de abastecemento de auga en Cervás. A empresa Construcciones Ogando é a encargada de realizar esta actuación, financiada con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación Provincial correspondente á presente anualidade.

A intervención conta cun prazo de execución de dous meses e un orzamento que supera lixeiramente os 67.700 euros. Estes días, como informou a concelleira de Urbanismo, a socialista Olimpia Marcos, a compañía está a desplazar á zona a maquinaria e outros útiles de traballo para iniciar a obra propiamente dita dun xeito inminente.

Esta primeira fase consiste na ampliación da rede xeral executada neste mandato, nomeadamente nas zonas de Agarríos, A Pena, O Bugallón e A Torre, por unha banda, e a que vai a Sandes, por outra.

O grupo de goberno ten previsto continuar esta ampliación cunha segunda fase.

9 de outubro de 2013 | 13:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.