Comeza a construción da escaleira de acceso ao Barrio das Flores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Infraestruturas empeza hoxe, venres 25 de outubro, a construción dunha escaleira de acceso ao Bloque 30 do Barrio das Flores, na rúa Petunias.

Cun importe de 12.705 euros, as obras consisten na demolición da escaleira actual e a retirada do pasamáns existente. O departamento municipal que dirixe Martín Fernández Prado colocará nova lousa de escaleira, reparará os muretes de contención, axardinará a zona e instalará un novo pasamáns.

25 de outubro de 2013 | 11:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.