Comeza a aula de educación de adultos en Boiro
O xoves dia 3 de outubro ás 20.00 h na Casa de Cultura terá lugar a presentación da AULA DE DE EDUCACIÓN DE ADULTOS ( curso 2013-2014) organizado pola Concellería de Ensino.
No listado de admitidos provisionais hai 68 persoas , quedando en reserva 10 persoas seguindo así o regulamento de funcionamento onde se establecen os prazos de matrícula e criterios de admisión de alumnos.
O Concello de Boiro ven prestando este servizo educativo dende hai máis de quince anos. É moi demandado por todos aqueles que queren obter o título de educación secundaria pois ademáis de adquirir coñecementos permite mellorar a cualificación profesional ou acceder a outros niveis do sistema educativo.
Igualmente se procura que o horario no que se imparten as clases (de 20.30 h a 22.30 h) sexa o máis compatible posible coa xornada laboral, unha das grandes ventaxas desta aula de Boiro.
A aula de educación de adultos está adscrita ao IES S. Clemente de Santiago centro autorizado para impartir estas ensinanzas, desprazándose os profesores/as nas avaliacións a Boiro.











