publicidade hoxe

Comeza a actividade de ximnasia de mantemento en parroquias de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Cartel dos horarios da acitividade

Cartel dos horarios da acitividade

O Concello de Sober inicia a ximnasia de mantemento en oito parroquias da localidade, unha máis que o ano pasado ao incorporarse Rosende.

Calendario

Os luns haberá ximnasia en Villaoscura entre as 16:15 e as 17:15 horas; en Anllo entre as 17:30 e as 18:30 horas; e en Canabal desde as 18:45 ás 19:45 horas.

O martes e xoves a actividade trasládase a Sober de 17:30 a 18:30 horas. Os mércores Doade, Bolmente e Rosende de 16:15 a 17:15 horas no primeiro caso, de 17:30 a 18:30 horas no segundo e de 19:30 a 20:30 horas no caso de Rosende, que este ano se incorpora ao listado de parroquias nas que haberá ximnasia de mantemento.

Por último, os xoves estas actividades estarán destinadas aos veciños e veciñas de Arxemil entre as 16:15 e as 17:15 horas.

Ximnasio municipal

Ademais esta semana abre de novo as súas portas o ximnasio municipal. O horario da sala de máquinas será os martes e xoves de 17:30 a 20:30 horas. Os martes e xoves haberá ximnasia de mantemento e os luns e venres de 19:00 a 21:00 horas clases de karate.

A oferta complétase con clases aerobic, estas últimas organizadas por un grupo de mulleres de Sober. A información sobre horarios e prezos pode conseguirse na Oficina de Información Xuvenil. As clases de aerobic serán os mércores e venres ás 20:30 horas, aínda que está sen determinar onde se van desenvolver.

Tanto o uso das instalacións municipais como a ximnasia de mantemento nas parroquias son de balde para os usuarios. Poden ter máis información dos horarios no centro sociocultural ou no teléfono: 982460513. O karate e o aerobic non dependen do Concello, polo que serán os profesores os que informen dos seus custos.

14 de outubro de 2013 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.