Colaboración do Concello de Pontevedra con Down, Calor y Café e Amigos de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores asinou esta mañá os convenios de colaboración do Concello coas entidades sociais: Down-Xuntos, Fundación Amigos de Galicia e San Vicente Paul Calor y Café.

Coa asociación Down asinouse un convenio de 9.000 euros e terá duración catro anos, coa posibilidade de prorrogalo dous anos máis. A Fundación Amigos de Galicia, que atende a familias con necesidades (entre 300 e 500 ao mes, en función dos meses), asinou por vez primeira este convenio dado que até o de agora o Concello mantiña colaboracións puntuais coa asociación. É un convenio de 10.000 euros de partida, que se poderá ir incrementando ano a ano en función das necesidades.

Para San Vicente Paul, e o albergue Calor y Café o convenio foi de 15.000 euros. É basicamente para o mantemento do albergue que acolle cada noite a 12 persoas, pero tamén da de cear e almorzar a 25 persoas máis cada día. Carmen Fouces destacou que o Concello ten previsión de asinar convenios e entregar subvencións a entidades sociais e do ámbito da discapacidade por valor de 115.000 euros neste ano.

O alcalde pechou o acto lembrando que mentres o Estado non sexa capaz de resolver este problema, é imprescindible que asociacións atendan a persoas en risco de exclusión social. “Todas elas en colaboración cos Servizos Sociais do Concello podemos paliar situacións graves de pobreza, por iso quero dar as grazas a todos, a todas as asociacións e colectivos que están en Redeaxuda que amosa que a cultura da solidariedade está estendida en Pontevedra”, asegurou o alcalde.

28 de outubro de 2013 | 16:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.