Clausura do obradoiro “un coidador, dúas vidas” para familiares de persoas con Alzheimer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+
Clausura do curso de coidadores

Clausura do curso de coidadores

Onte remataba o obradoiro “Un coidador, dúas vidas” que se celebrou no edificio da Área Panorámica de Tui durante o mes de outubro. Un total de 20 persoas acudiron a esta actividade formativa dirixida a familiares de persoas con Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas.

Ao concluír este obradoiro a concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, entregoulles a todos os participantes os correspondentes certificados de asistencia e agradeceu o interese manifestado neste curso.

Baixo a dirección da psicóloga de Afaga, Maxi Rodríguez, abordáronse as técnicas de autocoidado, manexo do paciente, planificación do tempo ou cómo detectar os primeiros síntomas da enfermidade e qué facer ante eles.

Todas as actividades estiveron enfocadas á divulgación de información e formación dos familiares para propiciar unha maior autonomía tanto para os enfermos coma para  o seu entorno.

Este obradoiro realizouse grazas ao convenio asinado entre o Concello de Tui e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Galicia, AFAGA, ao sumarse o municipio á iniciativa de “localidade solidaria co Alzheimer”.

31 de outubro de 2013 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.