Cinco novas máquinas para o ximnasio da piscina municipal da Laracha

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha vén de dotar con cinco novas máquinas de musculación e cardiovasculares ao ximnasio da piscina municipal, aumentando a oferta existente para os usuarios desta instalación deportiva.

En concreto, foron instaladas dúas cintas rodantes de correr, outras dúas máquinas de remo e unha elíptica, que xa están en funcionamento desde onte venres.

O investimento que supuxo a adquisición e o montaxe destes aparellos ascende a 20.000 euros, que son financiados a través da modificación de orzamentaria aprobada no último Pleno Ordinario da Corporación.

O Concello da Laracha realizou un importante esforzo na mellora do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha.. Durante os últimos anos, nesta instalación municipal de referencia para moitos veciños foi construída unha nova sala de ximnasio, ampliados e renovados por completo os vestiarios e dotouse á zona húmida cunha sala de hidroterapia-spa.

7 de outubro de 2013 | 11:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.