Chegan a Compostela doce ciclistas ecuatorianos tras realizar o Camiño

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+
Foto de familia do rexedor cos peregrinos

Foto de familia do rexedor cos peregrinos

O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu os integrantes do club Ciclistas sin Fronteras, de Santiago de Guayaquil (Ecuador). Os doce ciclistas chegaron á cidade tras realizar o Camiño dende Roncesvalles. Acompañou aos ciclistas a embaixadora de Ecuador en España, Aminta Buenaño Rugel, e o cónsul para Galicia, Adriano Marqués de Magallaes, que destacaron o obxectivo de fraternidade entre España e Ecuador desta expedición. Os ciclistas iniciaran a súa peregrinación o 24 de setembro.

4 de outubro de 2013 | 17:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.