Charla sobre as claves para organizar e protexer o patrimonio patrimonial e persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocalLocal PortadaOurenseOurense
A-
A+

A situación de crise incrementou os riscos patrimoniais inherentes a toda actividade empresarial. Por iso, máis que nunca é fundamental, para a estabilidade do sistema, que o empresario poida salvagardar do mellor xeito posible o seu patrimonio persoal e o da súa empresa.

A conferencia que propón a CEO sobre este tema analiza aspectos como a responsabilidade das persoas físicas, do socio de sociedades mercantís e dos administradores, a delimitación dos bens máis valiosos ou o problema das garantías reais e persoais. Todo iso enfocado a conseguir unha organización patrimonial e empresarial eficiente, a través de instrumentos para conseguila, como o réxime fiscal especial de operacións protexidas.

Acto: Conferencia “A Organización e Protección do Patrimonio Particular e Empresarial”
Data: Xoves, 17 de outubro do 2013
Hora: 19:30 horas
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
Relator:
José Antonio Gil del Campo. Licenciado en Dereito. Docente de Tributación e Sistemas Fiscais da Escola de Negocios de Novacaixagalicia. Cordinador de profesional do Máster en Dereito de Empresa da Universidade de Vigo. Socio da Área Fiscal de Garrigues en Vigo

15 de outubro de 2013 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.