Chano é sancionado cun partido de suspensión

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesLugo
A-
A+
Chano

Chano

O xogador do Azkar Lugo FS, Sebastián Vargas Otero “Chano”, foi sancionado polo Comité de Competición da RFEF cun partido de suspensión tras a súa expulsión con vermella directa no partido do pasado venres ante o Umacón Zaragoza. O xogador gaditano foi expulsado por parte dos colexiados murcianos estando no banco e tras reclamar unha xogada a estes. Por este motivo Chano será baixa este venres ante o FC Barcelona cando cumprirá o partido de sanción que lle foi imposto.

30 de outubro de 2013 | 12:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.