Cerdido acolle unha charla sobre a obriga dos chalecos nos peóns que transitan pola vía pública
O Concello de Cerdido ten programada unha charla informativa sobre a obriga dos peóns de usar o chaleco na vía pública, dentro dunha campaña que se levará a cabo dende a DGT e o Ministerio do interior. A charla será impartida por un garda civil de tráfico e terá lugar o mércores, 20 de novembro a partir das 18:00 horas na casa da cultura da Barqueira. O sinteresados/as deberán anotarse no concello ou por teléfono no 981 411 000 antes do venres 15 de novembro. Todas as persoas que asistan á charla recibirán un chaleco.