Cedeira abre o prazo para inscribirse nas sesións de Ximnasia para maiores
O Concello de Cedeira informa da apertura do prazo de inscrición para participar nas sesións de Ximnasia de Mantemento dirixidas ás persoas maiores. A actividade desenvolverase no Auditorio Municipal cada martes e xoves en horario de mañá (de 10 a 11 horas).
As persoas interesadas en participar nesta acción deben chamar ao teléfono 650 779 862.
As sesións de ximnasia ofertadas polo Concello son gratuítas e darán comezo o próximo 15 de outubro.











