publicidade hoxe

Carreira popular Toffe-Concello de Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioDeportesLocalRianxo
A-
A+
Cartel anunciador da Carreira Popular de Rianxo

Cartel anunciador da Carreira Popular de Rianxo

Data: Venres, 1 de novembro de 2013
Horario: Menores 11:00 h.
Adultos 12:00 h.
Organizan: Concello de Rianxo / Club Atletismo Rianxo

TROFEOS
Menores

Trofeo ó 1º clasificado de cada categoría feminina e masculina.
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias).

Absoluta
Trofeo ós tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina.
Trofeo e premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba, tanto en categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
Masculino / Feminina
1º Trofeo + 150 € 1º Trofeo + 150 €
2º Trofeo + 100 € 2º Trofeo + 100 €
3º Trofeo + 50 € 3º Trofeo + 50 €
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ó primeiro e primeira corredor/a locais.
Todos os participantes na categoría absoluta recibirán un agasallo técnico.

INSCRICIÓNS

Menores (dende xoubas ata cadetes) na web www.concelloderianxo.es/deportes
Ata o martes 28 de outubro de 2013 ás 14:00 horas no teléfono 981866381 en horario de 9:00 a 14:00 horas ou presencialmente na oficina do Servizo de Deportes no Cuartel Vello (Praza Castelao).

Absoluta
Ata o martes 28 de outubro de 2013 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos incompletos.
O prezo da inscrición é gratuíta para o carreira menores.
O prezo da inscrición para carreira absoluta é de 5 €.
Haberá un límite de 300 inscritos en categoría absoluta.

RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS

Realizarase o mesmo día da proba a partires das 10:00 h. na Praza Castelao.
Control con chip: a proba absoluta estará controlada a través dun chip que se entregará a cada participante xunto co dorsal. Deberá colocarse na zapatilla antes da saída. Os propietarios de chip amarelo poderán utilizar o seu propio chip.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS E INFORMACIÓN

Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a escualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer ningunha modificación no mesmo.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
En caso de cancelación do evento por causas alleas a organización, non se devolverá o importe da inscrición.
Servizo de gardarroupa: no pavillón polideportivo de Rianxo.
Vestiarios e Duchas: pavillón polideportivo e piscina Municipal.
Aparcadoiros: arredores do pavillón polideportivo, aparcadoiro municipal e nas inmediacións da zona portuaria.

15 de outubro de 2013 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.