Carral pon en marcha unha campaña de promoción da lingua galega

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

O Concello de Carral, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística e a Concellería de Cultura, poñen en marcha unha nova campaña de promoción do uso do galego entre a poboación.

A campaña consiste na distribucìón de carteis e folletos polos edificios municipais, na que se anima ao uso cotían da lingua galega e nos que se detallan algúns dos servizos de asesoramento lingüístico que presta o Concello de Carral para os cidadáns, empresas e asociacións. Os carteis e folletos tamén se poderán descargar da web municipal e do blog do departamento de Cultura.

Esta promoción conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que dirixe a Rede Galega de Dinamización Lingüística da que forma parte o Concello de Carral.

4 de outubro de 2013 | 20:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.