Campionato Galego de Snipe en Vilagarcía
O Campionato Galego para a clase Snipe celebrarase en augas da Ría de Arousa entre os días do 1 ao 3 de novembro, organizado polo Liceo Casino de Vilagarcía en colaboración coa Federación Galega de Vela.
1 REGRAS
1.1 A regata rexerase por: as regras de regata tal e como se definen no Regulamento de Regatas a Vela RRV da ISAF
2013 -2016 (RRV); as prescricións da autoridade nacional (RFEV); as regras da clase snipe; este anuncio de regata; as instrucións de regata; as instrucións de Medición, que forman parte das Instrucións de Regata; O apéndice P será de aplicación En caso de discrepancia entre o presente Anuncio de Regata e as Instrucións de Regata, prevalecerán estas últimas.
2 CLASES QUE PARTICIPAN
2.1 Regata reservada á clase snipe
3 ELIXIBILIDADE
3.1 Os participantes deberán cumprir as condicións de elixibilidade reflectidas na Regulamentación 19 da ISAF e as prescricións da RFEV á devandita regulamentación.
3.2 Os participantes deben ser membros da Asociación Española da Clase e estar ao corrente da cota correspondente.
4 PUBLICIDADE
4.1 A regata esta clasificada de Categoría C de acordo coa regulamentación 20 da ISAF.
4.2 Poderá requirirse dos participantes a exhibición de publicidade nos barcos ou equipos, dos patrocinadores desta regata.
5 INSCRICIÓNS
5.1 Poderán participar nesta regata todos os barcos cuxos patróns teñan licenza federativa e tarxeta da clase do ano 2013.
5.2 As inscricións serán obrigatorias, gratuítas e realizaranse na folla de inscrición adxunta.
5.3 Pre-inscrición:
5.3.1Las inscricións deberán remitirse antes do 28 de noviebre de 2013 ás 19:00 h. ao: Liceo Casino de Vilagarcia. velalcv@gmail.com Tel: 986501919
As inscricións recibidas posteriormente a esta data deberán contar coa aprobación da organización e non terán dereito aos pícnics.
6 REXISTRO DE PARTICIPANTES
6.1 O Rexistro de participantes, obrigatorio, realizarase na Oficina de Regatas como segue:
6.2 Cada patrón deberá confirmar persoalmente a inscrición na oficina de regatas antes das 12:15 hs do venres 1 de novembro.
6.3 O rexistro queda condicionado á presentación antes da hora sinalada da tarxeta da clase e a licenza federativa do ano en curso.
6.4 Só poderá actuar como patrón o inscrito como tal.
7 PROGRAMA
7.1 O programa do evento é o seguinte:
As probas serán numeradas consecutivamente segundo a orde en que se navegaron.
Venres 1 de novembro 10:00 14:00 horas. Apertura oficina de regatas. Sinal de atención 1ª proba do día.
Sábado 2 de novembro 12:00 horas Señal de atención 1ª proba do día.
Domingo 3 de novembro 11:00 horas 16:30 horas (aprox.) Sinal de atención 1ª Proba do día. (Non se dará un sinal de saída despois das 15:00 horas agás chamada.
8 FORMATO DE COMPETICIÓN e NÚMERO DE PROBAS
5.1 En todas as probas se navegará en frota.
5.2 Hai programadas 9 (nove) probas, das cales deberá completarse polo menos 3 (Tres) para a validez do Campionato.
9 MEDICIÓNS
Barcos, velas e tripulantes deberán estar a disposición do comité de medicións da regata ao finalizar a última proba de cada día e ata que se diga que a devandita situación rematou.
10 PUNTUACIÓN
Aplicarase o Apéndice A e o sistema de Puntuación Baixa, descrito na regra A4.1 do RRV.
11 PREMIOS
Haberá premios para os tres primeiros da clasificación xeral.
12 RESPONSABILIDADE
12.1 Os participantes nesta regata, fano baixo o seu propio risco e responsabilidade.
12.2 O Comité Organizador ou calquera persoa ou organismo involucrado na organización do evento, rexeitan responsabilidade algunha por perdidas, danos, lesións ou molestias que puidesen acaecer a persoas ou cousas, tanto en terra coma na auga, como consecuencia da participación nas probas amparadas por estas Anuncio de Regata.











