Cambios de circulación por obras de asfaltado no Paseo de Rolda
Infórmase dun cambio de circulación que se producirá mañá venres 25 de outubro, entre as 09.00 e as 19.30 horas, con motivo da obras de asfaltado de Paseo de Rolda entre a avenida Gran Canaria e a rúa Manuel Murguía. Será preciso o corte do sentido de circulación dende a avenida Gran Canaria cara a Manuel Murguía. A alternativa do tráfico será dende a avenida Gran Canaria por Almirante Lángara e Manuel Murguía. As liñas de bus que percorren esta zona (3, 3 A, 12 e 14) manterán o seu itinerario habitual.











