Cambios de circulación con motivo de obras de mellora
A Concellaría de Tráfico, Mobilidade e Uso e Utilización do Dominio Público informa de cambios de circulación que se producirán na cidade con motivo de diferentes obras:
– Canalización da rede de alta tensión na rúa Sebastián Martínez Risco, dende o paso de peóns fronte ao colexio Liceo a Paz cara á avenida Camilo José Cela. As obras continuarán ata o 11 de outubro sendo a alternativa do tráfico a rúa Luis Quintás Goyanes.
– Traballos de mantemento da catenaria do tranvía no paseo marítimo. As obras realizaranse entre o martes, 8 de outubro, e o venres, día 11, entre as 08.30 horas e as 20.00 horas, sendo necesaria a ocupación do carril dereito (vías do tranvía) no ámbito da glorieta da Torre de Hércules.
– Renovación de pavimento na avenida Da habana e a rúa Manuel Murguía. Debido a estas obras, dende as 08.30 horas de mañá, luns 7 de outubro, ata as 19.00 horas do martes, día 8, cortarase ao tráfico a avenida Da habana no sentido de circulación paseo marítimo cara á rolda de Nelle, sendo a alternativa de circulación a rúa Manuel Murguía. Este desvío afectará ás liñas de autobús urbano 3 e 3 A, que terán como percorrido alternativo, tanto de ida coma de volta, a rúa Manuel Murguía e a praza de Portugal. Dende mañá, luns 7 de outubro, e ata o próximo venres, día 11, tamén se realizarán cortes parciais na rúa Manuel Murguía, entre o paseo marítimo e paseo de Rolda, mantendo sempre un carril de circulación para cada sentido.











