publicidade hoxe

Calvo reúnese coa corporación de Santiso para repasar os proxectos acometidos pola Deputación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiso
A-
A+
O presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá o Concello de Santiso e reuniuse co seu alcalde, Manuel Adán, e outros membros da corporación municipal. Alí, na casa consistorial, o rexedor asegurou que “é momento de agradecer o labor da Deputación, xa que gran parte da obra efectuada en Santiso é posible grazas á institución provincial”.

Neste senso, o mandatario provincial destacou que unha terceira parte do orzamento destínase aos concellos a través de plans e cun reparto por criterios obxectivos. No caso de Santiso, o concello recibiu no 2013 a través do POS 198.278,61 euros, dos cales case 119.000 euros foron destinados a gasto corrente. A través do DTC 94, Santiso acometeu reparacións en diferentes camiños do municipio por valor de 134.000 euros e destinou a gasto corrente 64.000 euros.

Respecto a estes plans, Calvo fixo especial fincapé nas facilidades outorgadas aos concellos para destinar parte das cantidades asignadas a través de plans a gasto corrente e recordou os adiantos extraordinarios con motivo do Plan de Pago a Provedores realizados aos concellos que teñen delegada a xestión de tributos e impostos na institución provincial, o último este mesmo mes de xullo e que supuxo para o Concello de Santiso liquidez por valor de case 58.000 euros para elaborar o plan esixido polo Estado.

9 de outubro de 2013 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.