publicidade hoxe

Cabanas, Pontedeume e Vilarmarior compartirán un Técnico de Orientación Laboral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabanasLocalPontedeumeVilarmaior
A-
A+

Os Concellos de Cabanas, Pontedeume e Vilarmaior por segundo ano consecutivo compartirán un programa para a execución de accións de información, orientación e busca de emprego subvencionado pola Consellería de Traballo e Benestar. Á vista das variables socioeconómicas deste concellos, facíase indiscutible a necesidade dun servizo de atención ós desempregados destes concellos, co obxectivo de fomentar un maior coñecemento do mercado laboral. Atendendo tamén á actual situación de crise que se está a padecer e por tanto á necesidade dunha maior eficiencia á hora de xestionar os recursos públicos, os tres municipios presentaran unha proposta para compartir entre eles a contratación dun Técnico de Orientación que este mesmo luns comezou a desenvolver as súas funcións e que estará en funcionamento durante todo un ano.

A evolución do mercado de traballo e o incremento do desemprego fan necesario articular medidas que inclúan accións de atención constante e especializadas dirixidas a aqueles colectivos con dificultades de inserción laboral. Os concellos de Cabanas, Pontedeume e Vilarmaior presentan unha serie de características comúns, como son unha superficie xeográfica reducida, o seu carácter rural, unha marcada dispersión da súa poboación e o atractivo das súas paraxes naturais, que fan que compartan determinadas necesidades socioeconómicas.

Entre as funcións que cumprirá o Técnico de Orientación estará a elaboración de diagnoses individualizadas sobre o perfil, as necesidades e as expectativas das persoas demandantes de emprego mediante entrevistas personalizadas, para poder encontrar ou manter un emprego ou acceder a un novo. Tamén será o encargado do deseño, elaboración e realización de itinerarios individuais e personalizados de emprego ou xestionar os contactos coas empresas para difundir información sobre as súas iniciativas para facilitar a inserción laboral.

14 de outubro de 2013 | 19:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.