Cabanas finaliza a tempada de verán
Unha vez rematada a temporada estival, é tempo de facer balance sobre a afluencia de visitantes e os servizos prestados polo Concello de Cabanas durante esta época para os turistas que se deciden achegarse ate o municipio. Logo do éxito acadado o ano pasado, o Concello decidiu retomar as rutas en barca polo Río Eume, que tiveron novamente unha gran acollida. Tamén se dispuxo dunha caseta de turismo instalada no Parque do Areal no que se ofreceu información turística tanto de Cabanas como da comarca a quen así o desexase.
No tocante ás rutas en barco, nesta ocasión ampliouse o prazo no que o servizo estivo operativo, dando comezo as mesmas o día 11 de agosto e prolongándose ate o 15 de setembro. En total 751 pasaxeiros empregaron este servizo que saía dende o Día Oito de Cabanas para ofrecer un paseo polo Río Eume ate o Centro de Interpretación das Fragas do Eume e retorno o punto de saída. Destes viaxeiros, case a metade procedía da propia provincia da Coruña. Tras destes, os máis numerosos foron os orixinarios de Madrid, que supuxeron un 21,70 % dos usuarios do servizo, seguidos xa máis de lonxe por visitantes procedentes de Castela e León, cun 5,06%, Andalucía, con 3,20% ou Valencia con 3,06%. Tamén foron significativos os usuarios procedentes de fóra de España, que sumaron un total de 37, o que viu a supoñer un 4,93% dos usuarios do servizo.
No tocante á Oficina de Turismo, esta estivo aberta ó público dente o 19 de xullo e ata o pasado luns 30 de setembro. En todo este tempo visitaron esta Oficina un total de 4.560 persoas, realizando entre todas un total de 1.192 consultas. Isto supuxo unha media de visitantes por día de 60,8 e un promedio de consultas de 15,89 por día tamén. Entre os destinos máis demandados, cun 38% das consultas realizadas, destacaba a información sobre as Fragas do Eume, seguido cun 28% as feitas sobre a ruta en barco polo Río Eume, cun 22% as que tiñan por obxecto Ferrol e os seus arredores e cun 18% as feitas sobre o Camiño Inglés.











