Burela FS-Santiago Futsal na Liga Nacional Xuvenil

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurelaDeportes
A-
A+

Esta fin de semana, Vista Alegre tan só poderá gozar cun dos compromisos da base laranxa. En Liga Nacional Xuvenil, os burelistas prepáranse para un emocionante duelo, co Santiago Futsal, o domingo, a partir das 11.30 horas.

Autonómica Cadete e Infantil tamén están citados para a xornada dominical en Bueu (17.30 horas) e Sarria (12.00 horas) respectivamente.

A ED Meira será a anfitrioa no resto da axenda das categorías de base do Burela FS Pescados Rubén con encontros en prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete (sábado).

Liga Nacional Xuvenil

Burela FS-Santiago Futsal

Domingo 20 de outubro, ás 11.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Liga Autonómica Cadete

ADFS Bueu-Burela FS

Domingo 20 de outubro, ás 17.30 horas, no pavillón municipal de Bueu

Liga Autonómica Infantil

Os Meigallos FS-Burela FS

Domingo 20 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal de Sarria

Amigables

ED Meira Cadete-Burela FS Cadete B

Sábado 19 de outubro, ás 9.30 horas, no pavillón municipal de Meira

ED Meira Infantil-ED Burela FS Infantil B

Sábado 19 de outubro, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Meira

ED Meira Prebenxamín-ED Burela FS Prebenxamín

Sábado 19 de outubro, ás 11.20 horas, no pavillón municipal de Meira

ED Meira Benxamín-ED Burela FS Benxamín

Sábado 19 de outubro, ás 12.10 horas, no pavillón municipal de Meira

ED Meira Alevín-ED Burela FS Alevín

Sábado 19 de outubro, ás 13.00 horas, no pavillón municipal de Meira

18 de outubro de 2013 | 20:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.