Borja Golán realizará o saque de honra no partido ante Jaén Paraíso Interior

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Santiago de Compostela ▼
A-
A+

O xogador compostelán de squash Borja Golán, realizará o saque de honra no partido deste venres entre Santiago Futsal e Xaén Paraíso Interior que se celebrará no Multiúsos Fontes do Sar a partir das 18h. Borja Golán acaba de proclamarse por undécima vez Campión de España de squash, tras vencer o Open de Montreal e caer en oitavos de final do Open USA ante o número 2 de Francia. O compostelán ocupa actualmente o número nove do ranking mundial, sendo o primeiro español en alcanzar estar entre os dez mellores.

O Santiago Futsal quere render así homenaxe a un dos grandes deportistas composteláns, que ademais é un fiel seguidor do club santiagués, co que colaborou a tempada pasada na campaña de Futsalvación doando unha camiseta de xogo asinada para o macrosorteo co que se recadaron fondos para a salvación do club.

29 de outubro de 2013 | 17:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.