Boiro celebrará 10 cursos no vindeiro mes de novembro
A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello Boiro celebrará 10 cursos no vindeiro mes.
A partir do martes 15 de outubro os usuarios que estean interesados en realizar algúns dos cursos do mes de novembro poderán anotarse.
Curso de Comunicación en tempo real por Internet (Skype) os días 5 e 6 de novembro de 11 a 13 horas.
Taller de Cine (Edición e montaxe de vídeo e son) os días 6, 7, 13, 14, 20, 21 , 28 de novembro en horario de 19 a 20 horas.
Google App +Drive, manexo das aplicacións de Google os días 12, 13, 14 novembro en horario de 11 a 13 horas.
Android para dispositivos móbiles e Tablet os días 19 e 20 de novembro de 11 a 13 horas.
Redes sociais (Twitter) os día 21 e 22 de novembro de 11 a 13 horas.
Inicio a folla de Cálculo con (LibreOffice Calc) os luns de novembro de 20 a 22 horas.
Tamén contamos con formación para persoas maiores de 65 anos en horario de 16 a 19 horas de luns a xoves onde quedan 2 prazas dispoñibles, para máis información contactar co axente TiC porque estes cursos divídense en 4 grupos e niveis de formación.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando á cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para solicitar máis información sobre as citadas actividades (horarios, datas e contidos) poden dirixirse á Aula CeMIT de Boiro sita no Centro Social de Boiro, rúa Poeta Manuel María, a través da páxina web https://cemit.xunta.es, chamar ao teléfono 981842635, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.boiro@xunta.es











