Boiro acolle o I Open Golf Parellas o 6 de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoiroDeportes
A-
A+

O domingo día 6 o Club Deportivo Barbanza Golf inicia o calendario de torneos da tempada 2013-2014, coa colaboración do Concello de Boiro celebrando o I Open Golf Parellas, (Rectoral de Macenda-Moimenta)

O Concello de Boiro continua deste xeito mostrando o seu apoio ao deporte en xeral, neste caso colabora cun dos clubs máis laureados da bisbarra do Barbanza, xa que en apenas 5 anos de andadura conta xa con máis de 100 licenzas que deron como resultado 4 campions de España e un xogador disputando a fase final do mundial 2012.

Case todas as competicións estaran centradas en preparar aos xogadores locais para a proba do ranking europeo que se celebrará nas instalacions boirenses no proximo mes de xullo.

O domingo reuniránse en Macenda un gran número de xogadores do máis alto nivel, e ainda que os mellores xogadores galegos teñen confirmada a sua presenza, o gran nivel dos competidores locais como Agustin Mouris, Luis Rodríguez, Rubén García, Francisco Cortés, David Feijoo ou Luis Freire ofrecen moitas garantías de que o campionato se quede na casa.

Aproveitando esta celebración o Club invita o sábado a unha xornada de portas abertas e o domingo a ver o torneo a todas as persoas que queiran achegarse a coñecer o campo e a disfrutar da xornada.

 

4 de outubro de 2013 | 19:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.