Boa acollida do primeiro Viño Bus e túnel do viño da Ruta do viño do Ribeiro
Máis de cincuenta persoas participaron esta fin de semana nas actividades que dende a Asociación Ruta do Viño do Ribeiro se incluíron no programa Tempo de Vendimia.
O sábado día 5 de outubro, ás 16:30 horas, arrancou a primeira viaxe do Viño Bus da Ruta do viño do Ribeiro que nesta ocasión percorreu o val do Avia, pasando por Beade, San Clodio (Leiro) Santo André de Camporredondo (Ribadavia), onde os visitantes puideron o coñecer a Reitoral de Santo André, sede do futuro museo Galego do Viño.
O domingo, ás 11:30, o Viño Bus dirixiuse ao val do Miño, pasando por Castrelo de Miño, con parada na igrexa de Santa María, e regreso a Ribadavia.
Durante o percorrido panorámico se comentaron aspectos relevantes da historia, o patrimonio e a cultura vitícola do territorio da man dunha guía turística especializada.
Ao final de cada unha das Rutas os visitantes tiveron a oportunidade de participar nun Túnel do Viño, coa posibilidade de desgustar máis de vinte marcas diferentes de viño das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.
O programa Tempo de Vendima está apoiado pola Axencia de Turismo de Galicia a través do Convenio que as diferentes Rutas do Viño de Galicia asinaron con esta entidade para a promoción do Enoturismo.











