Berto Romero chega ao Jofre de Ferrol para presentar o seu espectáculo “Sigue con nosotros”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

O novo ciclo de monólogos programado pola Concellería de Cultura do Concello de Ferrol continúa este domingo, día 13, coa actuación de Berto Romero. O humorista subirase ás 20:00 horas ao Teatro Jofre para ofrecer o seu espectáculo “Sigue con nosotros”.

Berto volve convertido nun pai responsable, un cómico respectado e está a alcanzar a madurez. A un paso de converterse en corentón, cre ter aprendido algunhas boas leccións que quere compartir connosco. Superou os complexos e traumas que o atenazaron no pasado, e todo apunta a que está a desenvolver uns novos. Polo demais, segue obstinado en cantar e bailar e en explicar a súa vida. E a dos demais.

Venta de entradas

A día de hoxe, case 400 butacas están ocupadas polo que as persoas interesadas en asistir ao monólogo de Berto Romero poderán adquirir as súas entradas no despacho do teatro municipal ou a través da páxina web: www.ferrol.es (apartado Axenda Cultural). Este ciclo programado polo concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, foi inaugurado o pasado mes de setembro polo humorista Goyo Jiménez, actuación que contou cun cheo absoluto do teatro municipal.

9 de outubro de 2013 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.