Benestar Social de Ortigueira tramita a participación de maiores no programa “Xuntos polo Nadal”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrtigueira
A-
A+

A Concellaría de Benestar Social informa de que o 25 de novembro conclúe o prazo para que os orteganos que queiran beneficiarse do programa “Xuntos polo Nadal” presenten as súas solicitudes no Centro Social de Ortigueira. A iniciativa, promovida pola Secretaría Xeral de Política Social, pretende ofrecer os anciáns que viven en soidade un ambiente familiar durante o período do Nadal.

A iniciativa está orientada aos maiores de 65 anos que vivan sós nas súas casas e non teñan con quen pasar estas datas especiais, polo motivo que sexa, e que estean en condicións de valerse por si mesmos. Ademais deberán ter un nivel de ingresos económicos baixo.

Consiste nun unha convivencia con outras persoas maiores na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense) que se desenvolve nas datas comprendidas entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro do 2014.

Ten polo tanto, unha duración de once días (10 pasas a noite) realizándose en réxime de pensión completa e inclúe ademais os servizos de transporte e animación sociocultural. Os solicitantes con ingresos inferiores ao IPREM (532,51 €), asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que o resto contribuirá ao pagamento da estanza achegando 50 €.

30 de outubro de 2013 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.