publicidade hoxe

Baltar analiza proxectos de infraestruturas, medio ambiente e cultura coa alcaldesa de Ramirás

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRamirás
A-
A+
Instante do encontro

Instante do encontro

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Ramirás e mantivo unha reunión coa súa alcaldesa Pilar López, e con membros do equipo de goberno local, para analizar os proxectos que se están levando a cabo co apoio da institución provincial. Neste senso, este ano a Deputación de Ourense achega ao municipio de Ramirás uns 70.000 euros para obras de infraestruturas, mellora da rede viaria e servizos sociais, destinados aos accesos a praza de Vilaflor (20.000 €), a mellora de estradas de titularidade municipal (41.300 €) e aos gastos de funcionamento do Punto de Atención á Infancia (8.000 €).

Estes investimentos engádense aos que a Deputación de Ourense fixo nos últimos anos, 2012 e 2011, nos que destinou para obras de infraestrutura, Plan Provincial, saneamento e actividades culturais máis de 100.00 euros.

A Deputación tamén colaborará este ano na VIII edición do Festival Internacional de Música “Rebulir”, un festival intercultural que naceu no ano 2006 coa intención de achegar ata Ramirás e a súa contorna a grupos de culturas diferentes á nosa, e facer que os veciños e veciñas poidan coñecer outras manifestacións de carácter etnográfico. Por este festival teñen pasado numerosos colectivos chegados de toda Galicia, España e doutros países e este evento consolídase cada ano xa como unha xuntanza lúdico-cultural de danza, música e tradicións sinalada da comarca de Ramirás.

19 de outubro de 2013 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.