Baile extraordinario para inaugurar a tempada de bailes para maiores

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A Concellaría de Servizos Sociais informa de que mañá, domingo, 6 de outubro, se celebrará un baile extraordinario no hotel Hesperia Finisterre, a partir das 17.00 horas. Esta iniciativa, que abre simbolicamente a tempada de bailes para maiores que organiza o Concello nos centros cívicos municipais, contará coa participación do concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo.

Os bailes de outono celebraranse durante os meses de outubro, novembro e decembro. Terán carácter semanal e a súa distribución será:

– Luns: CCM Monelos.
– Martes: CCM Labañou.
– Mércores: Opcional Os Rosales/A Silva.
– Xoves: CCM Castrillón /Eirís (alternando cada semana nun centro).
– Venres: CCM VOS Mallos.
– Sábado: CCM San Diego.
– Domingo: CCM Monte Alto.

Os bailes, que se desenvolverán nun horario entre as 17.00 e as 20.30 horas, se inscriben dentro das accións dirixidas ao fomento dun envellecemento activo, cuxo fin consiste, primordialmente, en proporcionar un espazo de ocio e tempo libre que sirva, ademais, de espazo de comunicación, relación interpersoal e entretemento das persoas participantes.

5 de outubro de 2013 | 19:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.