Axenda cultural do 11 e 12 de outubro
VENRES 11 DE OUTUBRO ÁS 21.00 H. NO TEATRO PRINCIPAL
Xénero: Comedia
Catalogación: Público adulto
Duración: 95 m
Prezo: 5,00€ (venda anticipada no departamento de Cultura do Concello da Estrada. Despacho de billetes 1 hora antes da función)
“MISIÓN SAPIENS”: UN MANUAL DE GARGALLADAS!!!
Tras a exitosa xira de “Smoke city” protagonizada pola compañía estradense MALASOMBRA TEATRO, Xoque Carbajal, acompañado por Xabier Deive, Marcos Orsi, Jouse García e Luis Iglesias pon en escena o espectáculo MISIÓN SAPIENS, un espectáculo escrito por José Luis Prieto que trata da cultura xeral, do comportamento e educación, de música, libros, películas, deportes e viaxes. Un espectáculo de autoaxuda para que o espectador se sinta culto, educado e capaz de falar sobre calquera tema. Sobre o escenario aparecen cinco grandes eruditos que tentarán meter, polas boas ou polas malas, na cabeza do público diversos coñecementos. concibido como un manuel de comportamento que axudará ao avezado espectador a conducirse en calquera situación.
SÁBADO12 DE OUTUBRO ÁS 12.30 H. NO TEATRO PRINCIPAL
Xénero: Comedia de títeres
Catalogación: Público infantil (+4 anos)
Duración: 50 m
Prezo: 3,00€ (despacho de entradas 1 hora antes da función)
“EL GALLO DE LAS VELETAS”: UN DOS MELLORES INFANTÍS DO ANO!!!
O ciclo COLORÍN COLORADO, que o Departamento de Cultura da Estrada dirixe ao público infantil trae á Estrada un dos mellores espectáculos do ano 2013. Gañador do Mellor Espectáculo de Títeres na prestixiosa Feira xixonesa FETÉN 2013; a obra da compañía madrileña LA CANICA TEATRO conta a historia dun galo que marcha do galiñeiro para ir coñecer mundo. Malia as recomendacións dos seus teimosos compañeiros, o galo rematará por facer realidade o seu soño.











