Avanzan os traballos de construcción do saneamento de Igrexa e A Cabreira en Catasós

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O concelleiro de Obras e Servizos, Camilo González Bodaño, explicou hoxe que “as obras de construcción do saneamento de Catasós, que dará servizo aos lugares de Igrexa e A Cabreira, xa están moi avanzadas e a práctica totalidade das canalizacións que comunicarán as casas dos dous lugares ca depuradora de Quintela está xa construídos”.

Unha parte “moi importante dos 2,3 kilómetros das canalizacións de este abastecemento  xa están instalados e soterrados e os 53 pozos de rexistro construídos. As obras comezaron a finais do mes de xullo”. O abastecemento contempla canalizacións de PVC de 315 milímetros de diámetro, para dotar de alcantarillado aos lugares cunha profundidad emínima de 1,20 metros. A apertura de las zanxas necesarias para soterrar as canalizaciones sumou máis de 5 kilómetros lineais”.

As conduccións xa instaladas parten do núcleo de Igrexa, continúan ao longo da pista de Catasós e unense cos ramais procedentes de A Cabreira, para posteriormente, proseguir ao longo das dúas marxes  da N-525 “.

Precisamente, as obras que “se acometen estes días son as de construcción dun topo baixo a n525, para conectar a marxe esquerda en dirección Lalín ca marxe dereita por onde transcorre o colector principal que conectará xa na zona llana da N525 co colector xeral que comunica os saneamentos de Catasós ca depuradora de Quintela”. 

As obras de construcción deste topo e a conexión co colector xeral “quedarán rematados nos vindeiros días co que a empresa adxudicataria abordará a reposición do firme de aquelas pistas e viais que foron abertos para o soterramento das canalizacións”.

Esta obra que acomete a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas supón un investimento de 205.065 euros que permiten ampliar o número de veciños da parroquia de Catasós conectados ao servizo de saneamento. En total, o saneamento que se está a executar permitirá dar servizo a preto de un centenar de persoas que viven nestes dous lugares.

7 de outubro de 2013 | 17:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.