Asime organiza cursos para alumnos e desempregados en Salvaterra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño informa que do 21 ao 25 de outubro ASIME, en colaboración coa Consellería de Traballo, organizará varios cursos gratuítos no IES de Salvaterra de Miño, dirixidos ao propio alumnado e a desempregados.

Os cursos son:

  Curso de Consignas de Seguridade Específicas dos Postos de Traballo, 3 h de duración. Risco eléctrico.

– Curso  de Consignas de Seguridade no Manexo da Carretilla Elevadora, de 3 horas de duración.

– Curso de Consignas de Seguridade no Manexo do Puente Grúa, de 3 horas de duración.

Datas:  do  21  ao  25  de outubro,  en horario de tarde.

Os  interesados  deberán  inscribirse  na  Dirección do centro educativo. Para máis información 986 658 238

4 de outubro de 2013 | 18:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.