As Xornadas sobre Empresas de Inserción Laboral achegan novas alternativas para perfís en risco de exclusión social á veciñanza de Ordes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

Ordes acolleu ao longo desta mañá as Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral (EIL). O encargado de marcar o inicia desta xornada de traballo foi o alcalde e presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel Regos, quen destacou “a importancia da preparación e formación nun momento no que a situación laboral actual está moi complicada e no que calquera pode atoparse nun breve espacio de tempo en situación de exclusión social”. Unha vez máis Regos quiso amosar o seu “total apoio a aquelas iniciativas empresariais e laborais que axuden aos nosos veciños a obter un futuro digno e a crear riqueza para o noso Concello”.

Pola súa banda Miguel Fernández Blanco, presidente da Asociación de Empresas de Inserción de Galicia destacou a importancia deste tipo de empresas como intermediarias entre as persoas en risco de exclusión e o mercado laboral. Entre os obxetivos máis importantes figuran “a ampliación e creación de postos de traballo, axudándolle á xente con necesidades”, precisou. Blanco tamén quixo incidir na función formativa que se realiza dende as EIL, como elemento de integración e de garantía para continuar co seu papel de integradores sociais e laborais.

Non foron os únicos aspectos abordados nesta xornada xa que, ademais de definir e explicar pormenorizadamente en qué consisten as empresas de inserción e as axudas á contratación de persoas en situación ou risco de exclusión social, tamén se detallou a situación social das EIL na actualidade. E todo elo expoñendo datos e exemplos reais de empresas como Compostela Inserta, Cormo Integral, Properdis, Sercoga ou Emprende Futuro. Hoxe en día, e sen contabilizar os datos rexistrados en Cataluña, hay que falar de 75 empresas en total con máis de 1.000 empregados que facturan máis de 24 millóns de euros. Na sesión de hoxe tamén participou Jorge Barros, subdirector xeral de fomento da contratación e do traballo autónomo, quen incidiu no beneficio e viabilidade para facer uso das EIL por parte da Administración Pública.

As Xornadas Galegas sobre Empresas de Inserción Laboral están financiadas polo Fondo Social Europeo, Consellería de Traballo e Benestar, II Plan Galego de Inclusión Social, contando coa colaboración do Concello de Ordes.  

24 de outubro de 2013 | 14:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.